BENVIDOS Á PÁXINA WEB DO "CENTRO GALEGO DE BRUXELAS ASBL"



NOVAS

fillos emigrantes

BECAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS dESTINADAS A fILLOS DE EMIGRANTES GALEGOS NO EXTRANXEIRO

A fundación Pedro Barrié da Maza e o Banco Pastor convocan; para o curso 2008/2009, un máximo de 12 becas para estudos universitarios de 1°, 2° e 3° ciclo en centros dependentes das universidades da Coruña, Santiago e Vigo.

A beca ten carácter anual (curso académico 2008/2009) e unha dotación de 5.000 euros máis o costo da matrícula como alumno oficial, así como os desprazamentos desde o seu lugar de orixe ata o lugar onde realice os seus estudos, no caso de que o estudante resida no extrajero.

O prazo de admisión de solicitudes iníciase o 16 de xullo e finaliza o 10 de outubro de 2008.

BASES DA CONVOCATORIA:
http://www.fbarrie.org/fundacion/gallego/home.htm

MÁIS INFORMACIÓN:
Responsable Becas Fundación
Montserrat Orta
becas@fbarrie.org
Tel: 0034 981 060 089


CONVOCATORIA PARA LA PRAZA DE COORDINADOR TÉCNICO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Fundación Galicia Europa, entidade sen ánimo de lucro creada en 1988 co fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa, convoca unha praza de coordinador técnico para a súa oficina de Santiago de Compostela.

Pode consultar as bases do proceso na nosa páxina web: www.fundaciongaliciaeuropa.eu


 

 

INSCRICIÓNS ABERTAS PARA AS CLASES DE GUITARRA E PARA O CORO DO CENTRO GALEGO DE BRUXELAS

O Centro Galego de Bruxelas ten o gusto de invitarlles a participar en dous das súas novas actividades: os cursos de guitarra e a formación do grupo coral. Ambos os proxectos pretenden axuntar a cultura española e galega coa paixón pola música.

As clases de guitarra impartidas por o profesor diplomado na Universidade de Lanús e que formou parte de grupos musicais de cámara e de orquestra, pretende que o alumno adquira os coñecementos músicales e técnicos precisos para que logo poida aplicalos ao estilo de música que o prefira.

O proxecto do Centro Galego de Bruxelas para formar un coro aspira a favorecer as relacións interpersoais e interculturais a través da música. O propósito do grupo coral é que o alumnado enriquézase artística e humanamente. O coro está dirixido a todo tipo de persoas que busquen atopar amizades e compartir a súa paixón pola música. Non existe límite de idade, poden apuntarse tanto nenos como adultos, teñan ou non coñecementos previos de música. O obxectivo é aprender organizando actividades moi diversas: seminarios de música en xeral, concertos e participación en acontecementos sociais e culturais referidos á promoción da cultura galega. O coro do Centro Galego de Bruxelas é unha actividade gratuíta para os socios.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS DE GUITARRA

MAÍS INFORMACIÓN SOBRE O CORO DO CENTRO


celgaXuntacervantes

CURSOS DE GALEGO e DE PREPARACIÓN O CELGA DO INSTITUTO CERVANTES DE BRUXELAS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (SXPL), en virtude do convenio de colaboración establecido co Instituto Cervantes para a difusión da lingua galega nos seus centros, ofrece cursos de galego e de preparación do CELGA (Certificado de Lingua Galega) no programa que a sede do Instituto Cervantes ten en Bruxelas. Os cursos previstos no instituto Cervantes comezan o 28 febreiro e teñen unha duración de 30 horas e desenvólvense a razón de dúas horas por semana en horario de tarde (xoves ou venres).
Qué é Celga

MÁIS INFORMACIÓN:
Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia
Instituto Cervantes de Bruxelas